Restauración dunha Hofner “made in Spain” do ano 1963

Poñámonos en situación, hai uns meses un cliente me trouxo unha guitarra que apareceu na casa dun familiar seu, unha guitarra de caixa cun aspecto lamentable. O verniz estaba en moi mal estado, a extensión do mango estivo rota pero hai moitos anos alguén a reparou sen ter en conta que o diapasón ten que seguir unha liña recta, vamos, imposible de tocar. O vibrato estaba completamente oxidado e o mango non seguía a liña central do instrumento, estaba desplazado uns grados.

Hofner1
Tras darlle moitas voltas a esta Hofner tratando de averiguar algo sobre ela e valorando se merecía a pena resucitar unha guitarra en tan mal estado, atopei unha web especializada en guitarras Hofner, na que tiñan unha pequena sección sobre unha serie de Hofners españolas feitas durante a década dos 60. A pista deuma unha pequena inscrición no fondo na que se podía distinguir unhas case borradas palabras que dicían “hecha en España”.

Esta guitarra é do ano 1963 e algunhas rarezas e defectos me fan pensar que puido ser das primeiras ou unha especie de prototipo que non saiu de todo ben, xa que o mango non se corresponde co grosor da caixa. De feito a extensión do mango voa uns 5mm por riba da caixa, unha distancia moi superior á que debería ter.

Como o diapasón estaba desfeito houbo que facer un novo, instalei unhas incrustacións de madreperla ao estilo das típicas Hofner alemanas e unha cenefa cor crema moi bonita.

Decapei o instrumento parte a raspilla e parte empregando un decapante químico. Levou moitas horas decapar o instrumento sen danar o fino enchapado da tapa, que xa estaba en mal estado e cuns golpes un pouco feos que houben de disimular na fase de vernizado.

Para o entrastado seguín o procedemento habitual, de preparación do diapasón e dos trastes, cada un para o seu espazo. Neste caso coleinos con cola animal, o cal vai permitir que queden ben firmes pero permite poder extrailos no futuro se fose necesario.

A instalación da cenefa no corpo foi un punto complicado xa que as canles que xa tiña fresadas o instrumento non coinciden coas medidas habituais das cenefas, así que houbo que investigar entre varios modelos ata atopar o correcto, da mesma cor que a cenefa instalada no diapasón.

A cor degradada do corpo, coñecida popularmente coma “sunburst” aplicouse a muñequilla para evitar o aspecto tan marcado dos degradados modernos. Ademáis persoalmente deixa un degradado moi bonito, que se mestura coa veta.

IMG_6711.JPG

Tras un par de capas de verniz de poliuretano aplicado a pistola, recurrín a Emilia Pereiro, experta en serigrafía artística para aplicar o logotipo en letras douradas, tal como era orixinalmente.

O proceso serigráfico merecería unha reportaxe fotográfica por si mesmo xa que é unha técnica moi curiosa e chamativa para os que non estamos familiarizados. Neste caso foi a mellor opción, xa que o acabado resultante é perfecto.

Aínda quedaban algunhas capas de verniz que ían ser aplicadas tras xuntar o mango co corpo, para poder aplicar un degradado, esta vez a pistola, que xuntase visualmente o verniz do corpo co do mango. Agora quedaba nivelar o verniz con lixas ao auga e pulir coa axuda de pasta pulidora e uns trapos de algodón.

No meu taller non dispoño de pulidora eléctrica xa que non é un traballo que faga diariamente, así que podo permitirme adicarlle un pouco máis de tempo a esta fase pulindo a man, o efecto especular resultante é exactamente igual e non corro riscos de sobrequentar o verniz pola fricción. En todo caso, é un traballo que se realiza rapidamente se as fases de vernizado e nivelado foron correctas.

Neste punto só quedou nivelar os trastes, instalar as clavixas, ponte, o renovado vibrato e recablear toda a circuitería, que permanece prácticamente orixinal, para poder así poñer as cordas e devolvela ao seu fogar.

Encántanme este tipo de traballos, nos que unha guitarra desfeita volve a lucir coma nova tras un proceso de completa restauración e renovación.


2 thoughts on “Restauración dunha Hofner “made in Spain” do ano 1963

  1. Non hai cousa mellor co traballo ben feito. Como propietario da Hofner so podo dalas grazas a Marcos por o seu mimo e profesionalidades ca guitarra. Tra lo seu traballo esta Hofner volve a ter alma.
    Raul Costas.

    Gústame

Deixa unha resposta a mdomato Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s