Reparación estructural e estética dunha Gibson 335 coa pala rota

Esta Gibson 335 sufriu unha rotura na zona da pala provocada por unha pequena caida dentro da funda. O pequeno golpe, sumado á tensión das cordas foi suficientemente intenso como para romper a madeira.

7

Esta rotura é típica das guitarras que teñen o mango fabricado nunha soa peza e a causa é que a veta da madeira pasa de estar paralela ao mango na zona do diapasón, a estar oblicua na zona da pala. Ademáis xusto neste punto é onde hai menos masa polo fresado do acceso ao alma e polo perfil estreito. No seguinte gráfico podemos observar a diferencia entre un mango fabricado nunha peza e un fabricado en dúas pezas, cun encaixe en bisel.
Fotos Taller

No primeiro exemplo o mango é de unha soa peza, por tanto, a veta pasa de estar horizontal a estar oblicua na zona da pala, cada unha das vetas que atravesa a pala é unha zona fráxil, son vetas non protexidas ante cambios bruscos de tensión. O mango desta Gibson 335 pertence a este primeiro grupo. No segundo exemplo o mango está construído cunha xunta en bisel, respectando en todo momento a dirección das vetas, deste xeito a pala é máis flexible e pode resistir máis cambios de tensión sen romper.

Para solucionar isto, o primeiro paso é estabilizar a rotura, colando a peza de novo para que volva a obter a súa forma orixinal. Esta aparatosa combinación de mordazas permitiu colar forzando a pala no seu sitio.

6

Unha vez estabilizada a rotura, apliquei un rebaixe e colei dous reforzos laterais no mesmo tipo de madeira que o resto do mango, neste caso caoba americana, que van servir para reforzar a zona que rodea o fresado do acceso ao alma. Tamén preparei o rebaixe para o seguinte paso.

Unha placa de caoba que foi curvada empregando o domador de aros vai servir para reforzar completamente a rotura. Ao estar curvada, a dirección da veta é constante dende o mango ata a pala, permitindo a mesma flexibilidade e resistencia que podemos obter nun mango cun encaixe en bisel. Tras unha proba de tensión, colocando de novo as cordas para nos asegurar do éxito da reparación, procedemos a longa fase de vernizado.

Para o acabado empreguei o mesmo tipo de verniz nitrocelulósico que emprega Gibson nas súas guitarras. Cubrindo por completo a zona reparada co obxectivo de facer desaparecer calquera pista de que este instrumento sufriu unha rotura. Non dispoño de fotografías deste engorroso proceso, pero este consistiu en aplicar varias capas de cor seguidas de varias capas de verniz transparente.

2

Tras unha longa espera de catro semanas o remate final consistiu en nivelar e pulir o acabado para un efecto espello.

IMG_6850 copy


2 thoughts on “Reparación estructural e estética dunha Gibson 335 coa pala rota

  1. Soy el propietario de esta Gibson ES-335, la cual dejé en manos de Marcos cuando sufrió una rotura en la pala. La guitarra ha quedado impecable, sin rastro de la reparación. He tocado con ella en varios conciertos y ensayos y responde a la perfección, incluso la afinación parece más estable. Marcos me recibió en su taller amablemente, el trato fue excelente y durante el proceso recibí explicaciones y fotografías de su trabajo. Recomiendo cien por cien a Marcos, es un gran profesional.

    Gústame

Deixa unha resposta a Diego del Río Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s