Reparación dunha rotura de pala nunha Gibson 335

É curioso como as veces certos tipos traballos aparecen polo meu taller. As veces nunha mesma semana coinciden varios instrumentos para cambio de trastes, noutras ocasións se trata de amañar tapas despegadas de guitarra clásica, ou coma neste caso, ao pouco de publicar esta entrada, me chegou outra Gibson 335 para exactamente o mesmo traballo. Sen embargo hai algunhas diferencias que xa iredes vendo.

O primeiro paso consiste en estabilizar a rotura para poder sacar unha plantilla da zona co fin de darlle a forma correcta ao inxerto que se vai realizar.

Para o inxerto é necesario obter unha peza de madeira do mesmo tipo, neste caso caoba de Honduras. Partindo dunha táboa se busca a dirección correcta da veta e se extrae unha lámina á que hai que dar forma co domador de aros para que asente no rebaixe feito previamente.

Unha vez colada a peza hai que darlle a forma correcta, para isto nos servimos de diferentes ferramentas coma formóns, cepillos, raspillas, etc. Como podemos observar é un proceso totalmente manual. A forma final nola dicta a plantilla que obtivemos antes de facer o rebaixe.

O seguinte paso sería o vernizado. Nesta guitarra, ao ter un verniz transparente que deixa ver a veta, temos un pequeno dilema, cubrir completamente ou non o inxerto. Tras un par de probas iniciais buscando a cor e facendo un vernizado de proba, decanteime por cubrir o inxerto, xa que a veta non coincide de forma exacta coa veta do resto do mango e vai ser máis chamativo que aplicar un degradado que tape a parte nova.


Aplicar un degradado que non chame a atención e que se funda de forma elegante co resto do mango non é tarefa facil, de feito, tiven que decapar parte do vernizado que realicei ata atopar o vernizado que eu, neste caso, considero axeitado.


Tras un nivelado e pulido do acabado, o instrumento xa se atopa listo para volver á batalla.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s