Modelos de guitarra

Nesta sección aparecerán próximamente os modelos de guitarra clásica que están actualmente en construción.

Os modelos dispoñibles teñen fondos e aros de nogueira, pao ferro, pao santo e mongoy. As tapas son de abeto e cedro. Como na maior parte de guitarras clásicas os mangos son de cedro con diapasón de ébano.

Se tes interese en adquirir unha guitarra clásica artesá das mencionadas anteriormente ou facer algún encargo personalizado podes poñerte en contacto comigo no 633098686 ou no mail mdomatoluthier@gmail.com.

Se tes curiosidade por seguir o proceso de fabricación das guitarras, tanto no meu instagram coma na miña páxina de facebook vou colgando periódicamente fotos con algunha pequena explicación.