Reparación dunha rotura de pala nunha Gibson 335

É curioso como as veces certos tipos traballos aparecen polo meu taller. As veces nunha mesma semana coinciden varios instrumentos para cambio de trastes, noutras ocasións se trata de amañar tapas despegadas de guitarra clásica, ou coma neste caso, ao pouco de publicar esta entrada, me chegou outra Gibson 335 para exactamente o mesmo traballo. … More Reparación dunha rotura de pala nunha Gibson 335

Reparación estructural e estética dunha Gibson 335 coa pala rota

Esta Gibson 335 sufriu unha rotura na zona da pala provocada por unha pequena caida dentro da funda. O pequeno golpe, sumado á tensión das cordas foi suficientemente intenso como para romper a madeira. Esta rotura é típica das guitarras que teñen o mango fabricado nunha soa peza e a causa é que a veta da … More Reparación estructural e estética dunha Gibson 335 coa pala rota

Restauración dunha Hofner “made in Spain” do ano 1963

Poñámonos en situación, hai uns meses un cliente me trouxo unha guitarra que apareceu na casa dun familiar seu, unha guitarra de caixa cun aspecto lamentable. O verniz estaba en moi mal estado, a extensión do mango estivo rota pero hai moitos anos alguén a reparou sen ter en conta que o diapasón ten que … More Restauración dunha Hofner “made in Spain” do ano 1963

Restauración dunha guitarra clásica Tatay

Hai xa uns meses tróuxome unha clienta unha guitarra clásica “Hijos de Vicente Tatay” coa tapa despegada nunha sección moi grande, e un serio problema de carcoma xa á vista. Tras retirar o diapasón e despegar a tapa puiden apreciar as dimensións do problema, moito maiores do que parecía inicialmente. O taco de talón estaba … More Restauración dunha guitarra clásica Tatay