Cando queremos mercar unha guitarra clásica o primeiro que normalmente facemos é mirar en internet en diferentes tendas online para darnos conta de que o que hai é unha cantidade enorme de guitarras clásicas, sexan fabricadas industrialmente ou por luthieres de todo o mundo.

Isto, que aparentemente pode resultar unha ventaxa xa que observamos moitísima variedade, tamén pode resultar abrumador porque tantas opcións o único que consiguen e complicarnos a toma de decisión.

Por sorte, moitas tendas online e moitos luthieres teñen a disposición das persoas que visitan as súas webs, videos ou audios das súas guitarras, normalmente sendo tocadas por mois bós guitarristas. Isto permite poder escoitar a guitarra que en mans expertas nos está ofrecendo unha interpretación que pode axudarnos a observar certas características da tímbrica do instrumento.

Sen embargo isto moitas veces non é suficiente, porque a guitarra pode ter un son fantástico pero non coñecemos outros parámetros como o volume que ten en realidade ou incluso se está axustada para o noso gusto e a nosa maneira de interpretar.

Para mercar nunha tenda online propoño os seguintes consellos e trucos:

  • Compara o son do audio que estás a escoitar con outras guitarras gravadas en circustancias similares. Así que a pesar de non ter a mesma referencia que terías en persoa, poderás saber se unha guitarra potencia certas frecuencias ou ten unha tímbrica que che gusta comparándoa con outras.
  • Pregunta a alguén que coñeza as guitarras dese fabricante. Seguro que che pode comentar algunha característica clave do instrumento.
  • Pregúntalle ao fabricante, seguramente estará encantado de falar sobre os seus instrumentos e a súas características.
  • Se as fotos e videos que estás vendo son de moi boa calidade podes estar seguro de que o luthier non só busca a calidade no audiovisual, senón que é un síntoma de que este fabricante coida moito os detalles, así que os seus intrumentos estarán fabricados en consecuencia.
  • Fala co fabricante, seguramente pode ofrecerche algunha posibilidade de probar a guitarra e se non che gusta a poderás devolver. Se tes a intención de probala e posiblemente devolvela, lémbrate de coidala coma se fose o teu ben máis prezado, un arañazo ou algún golpe pode ser suficiente para non aceptar unha devolución, xa que esa guitarra non poderá ser vendida a outra persoa.

Para mercar físicamente nunha tenda de música de toda a vida os consellos son algo diferentes xa que seguramente podes probar varios instrumentos:

  • Proba tantos instrumentos como podas, vas facer unha gran inversión e tes que estar seguro de que atopas o que realmente che gusta.
  • Fíxate nos acabados, se verniz está perfecto e ten unha perfilaría elegante e ben coidada e non hai holguras nos colados, estás ante un instrumento que se traballou a conciencia, podes estar seguro de que esta vai ser unha guitarra clásica moi sólida.
  • Fíxate na altura dos ósos, ainda que a guitarra non estea perfectamente axustada ao teu gusto, asegúrate de que hai marxe de sobra para que o teu luthier de confianza poda realizar sen problema os axustes correspondentes.
  • Pide consello ao persoal da tenda xa que seguramente son persoas expertas e están acostumadas a responder preguntas importantes para os músicos.
  • Desfruta, tómate a busca do instrumento con paciencia, acabarás atopando unha guitarra clásica que che guste.

Estes consellos redacteinos pensando nas guitarras que traen os clientes ao meu taller para facer axustes nos seus instrumentos novos, grazas a isto puiden observar centos de guitarras novas cos seus puntos fortes e os seus puntos fracos.


Sorte coa túa busca!