Guitarra clásica de Ovangkol con tapa de Cedro [VENDIDA]

Ref.:

1.420,00 € IVA inc.

Guitarra clásica con tapa de Cedro e con Ovangkol para os aros e o fondo. É unha guitarra con gran volume cun sonido completamente clásico.

O diapasón e a ponte están feitos dunha bonita peza de ébano e esta última ademáis ten unha decoración en Caoba de Honduras e Pau Santo da India. O mango está feito en Cedro de Honduras.

Escala: 660mm
Peso: 1.54kg
Acción no traste 12: 2.80mm

Esta guitarra ten unha roseta de Caoba de Honduras cunha franxa en Pau Santo da India. Posúe un discreto marcador no traste 7 e está recuberta en verniz nitrocelulosa.

Todas as madeiras proceden de cultivo sostible.

-

Esta guitarra xa está vendida pero podes encargar unha semellante.