
















Guitarra clásica de Pau Ferro con tapa de Cedro
Ref.:
1.750,00 € IVA inc.
Guitarra clásica con tapa de Cedro con Pau Ferro para os aros e o fondo. Esta combinación de madeiras produce unha guitarra cun son moi clásico, que permite unha moi boa dinámica entre os sons máis sutís e os máis potentes.
O diapasón está feito dunha sobria peza de ébano, a ponte é de pau ferro cun deseño moi sinxelo pero elegante cunha decoración en ébano. O mango está tallado en Cedro de Honduras.
Esta guitarra ten unha roseta composta dunha peza central de pau ferro con tiras decorativas en arce e caoba. A xunta entre os aros é de tres pezas en arce e caoba. Ten un discreto marcador no traste 7 e está recuberta en verniz nitrocelulosa, brillante para o corpo e mate no mango.
Escala: 660mm
Peso: 1.7kg
Acción no traste 12: 2.9mm (axustable).
Todas as madeiras proceden de cultivo sostible.
Entrégase con funda de escuma ríxida.
Pódese probar no taller.