De acordo co artigo 104 da Lei 3/2014, de 27 de marzo, o prazo de desistencia concluirá aos 14 días naturais contados a partir da recepción dos produtos por parte  a/o clienta/o ou unha persoa  autorizada. Neste caso a/o clienta/o porase en contacto con Marcos Domato Fernández e  comunicará de forma inequívoca a sua desistencia a través do correo electrónico taller@mdomatoluthier.com ou a través doutros medios que se podan ofrecer no futuro. Non se atenderán reclamacións realizadas a través das redes sociais ou mensaxería instantánea.

Os produtos deberán ser devoltos sen demora indebida e en calquera caso nun prazo máximo de 14 días naturais a partir da data na que se comunique a decisión de desistencia do contrato. No caso contrario non se aceptará como válida a devolución.

Os produtos deberán ser devoltos en perfecto estado, sen golpes, sen raias, sen roturas, sen deterioro no verniz, sen marcas nin signos de uso e sen outros posibles danos, devolveranse no seu embalaxe orixinal e coa documentación e accesorios cos que o recibiu.

O reembolso efectuarase unha vez se comprobe que o produto se recibiu correctamente e en perfecto estado. Os posibles gastos de transporte derivados do procedemento de devolución serán asumidos polo/a cliente/a.

En canto a produtos defectuosos, a garantía, é esixible sempre que os danos ou o mal funcionamento sexan defectos de fabricación e non sexan derivados do uso. Por esa razón, no caso de algúns produtos como as cordas, púas e outros produtos que podan presentar danos pola súa utilización, non teñen garantía. En calqueira caso, a garantía quedará anulada automaticamente cando o/a cliente/a manipule o produto pola súa conta e sen consentimento expreso de Marcos Domato Fernández. Os posibles gastos de transporte derivados do procedemento de devolución dun produto defectuoso serán asumidos por Marcos Domato Fernández.

Se o/a cliente/a quere manipular algún produto adquirido nesta tenda ou no taller e ten dúbidas en canto ao seu uso ou funcionamento, deberá poñerse en contacto con Marcos Domato Fernández queofrecerá instrucións precisas para o uso do produto sen perder a garantía.

Os produtos a devolver serán entregados na seguinte dirección:

Marcos Domato Fernández

Avenida do Alcalde Gregorio Espino 58 – baixo

36205 Vigo, (Pontevedra)

tlf: 633098686

De acordo co artigo 103 da Lei 3/2014, de 27 de marzo, O dereito de desistencia non será aplicable aos contratos que se refiran os bens confeccionados conforme as especificacións do  consumidor e usuario ou claramente personalizados. Por tanto, aquelas guitarras fabricadas a medida e por encargo a través do formulario “deseña a túa guitarra” ou por outros medios a través dos que se poda formalizar o contrato de compra, non poderán ser devoltas. Ante calquera dúbida, reclamación ou consulta referida a todo o exposto anteriormente a/o clienta/o poderá poñerse en contacto a través do correo electrónico taller@mdomatoluthier.com, a través do formulario de contacto desta páxina web ou telefonicamente no 633098686.