Son Marcos Domato, nacín en Vigo no ano 1986. Xa dende neno tiña unha gran interese por desmontar calquera aparello para poder descubrir como era por dentro e como funcionaba.

Co paso dos anos desenvolvín unha enorme paixón pola música, aprendín a tocar a guitarra e intereseime por todas as características que a compoñen co fin de entendela e algún día poder adicarme á súa construción.

Formeime na Escola de Artes e Oficios de Vigo co mestre luthier Ramón Casal co que aprendín a traballar na fabricación dun instrumento acústico. Tamén tiven a sorte de ter como mestres aos luthieres Javier Castaño e José Salinas, que me axudaron a especializarme na construción da guitarra clásica.

No meu taller, aberto dende o ano 2015, lévase a cabo un enfoque científico e sempre tratando de buscar a mellor arquitectura na guitarra clásica, empregando madeira de máxima calidade, de cultivo sostible e responsable, coa fin de fabricar un instrumento cunha gran resposta acústica e un tacto o máis cómodo posible que convide a ser tocado e inspire para facer música.


Descubre os meus últimos proxectos