Estou moi contento de poder participar este ano no Festival Internacional de Guitarra de Madrid onde presentarei dous modelos de guitarra clásica, un con tapa de Cedro e outro con tapa de Abeto, dúas pezas que recollen un enorme traballo de investigación na acústica e nas propiedades físicas das tapas de guitarra.

A guitarra de tapa de Cedro vermello, ten fondo e aros dun fermoso Pausanto da india e a de Abeto europeo ten fondo e aros de Nogueira europea.

Estéticamente tamén teñen un traballo detrás moi importante, centrándome en crear un instrumento sobrio, elegante e cun toque moderno.

De momento podes conformarte con ver unha foto da tapa dunha das guitarras, xa que aínda non están terminadas!

Agárdote os días 11 e 12 de xuño na Biblioteca Regional de Madrid Joaquín Leguina.

tapa guitarra