Hoxe 4 de xaneiro, A Movida publicou unha pequena reportaxe sobre o meu obradoiro no que levo a cabo a construción de guitarras clásicas artesanas. Un texto de Pablo Vázquez no que se fala un pouco do meu xeito de traballar, os meus intereses como luthier e da miña intención de comezar a impartir pequenos cursos no meu obradoiro nos que poda partillar a miña experiencia e coñecementos cos meus futuros alumnos.

"Neto de artesáns e fillo de guitarrista clásico, semella que estaba destinado a converterse en luthier. Deu os seus primeiros pasos na Escola de Artes e Oficios da man do mestre Ramón Casal"

Foto de Pablo VázquezFoto de Pablo Vázquez

Podedes ler o texto completo nesta ligazón: https://amovida.gal/marcos-domato-artesan-das-seis-cordas/