A/o clienta/e é responsable da veracidade dos datos introducidos no proceso de compra e acepta a obligación de faciltar datos veraces, exactos e completos, que permitan a Marcos Domato Fernández comunicarse co/a cliente/a en caso de necesidade, poder levar a cabo de forma satisfactoria o contrato de venda establecido co/a cliente/a e tamén poder cumprir co resto das súas obligacións legais. Se os datos introducidos non son correctos, Marcos Domato Fernández non se responsabiliza dos posibles prexuízos que isto poda implicar tanto para o/a cliente/a coma ao propio Marcos Domato.

Fernández. As guitarras e outros produtos que se atopen en stock poderán adquirirse directamente a través da tenda online e serán enviados á dirección facilitada pola/o clienta/o sen demora indebida e nun prazo máximo de 30 días naturais a partir de la celebración do contrato. Marcos Domato Fernández comprométese a enviar os produtos na maior brevidade posible.Se houbese algún erro en canto ao stock dun produto, Marcos Domato Fernández porase en contacto co/a cliente/a para acordar a resolución do problema o antes posible. As guitarras personalizadas deseñadas exclusivamente para o/a cliente/a só se poderán solicitar por encargo xa que son guitarras únicas fabricadas a tal efecto. Debido á natureza destes produtos, estas guitarras teñen un tempo de produción longo que será acordado entre Marcos Domato Fernández e o/a cliente/a.