Para calquera outro axuste ou reparación que non estean reflectidos nesta lista de prezos, ponte en contacto comigo a través do mail mdomatoluthier@gmail.com ou do teléfono 633098686. Tódolos prezos inclúen o IVE.
Axustes
- Axuste básico (alma, acción, octavación) en guitarra clásica ou acústica: 45€
- Axuste básico (alma, acción, octavación) en guitarra eléctrica ou baixo: 45€
- Axuste básico (alma, acción, octavación) en guitarra con Floyd Rose: 90€
- Axuste completo (alma, acción, octavación, altura da pestana ou cejuela, altura de pastillas, limpeza e hidratado de diapasón, pulido de trastes, pulido de cejuela, limpeza e lubricación de clavixas, cambio de tornillería en golpeadores, limpeza a fondo do instrumento, etc): 100€
- Axuste de alma: 20€
- Octavación: 20€
- Acción das cordas: 20€
- Axuste de alma nunha guitarra con Floyd Rose: 35€
- Octavación nunha guitarra con Floyd Rose: 35€
- Acción das cordas nunha guitarra con Floyd Rose: 35€
- Axuste do ángulo do mango en guitarras de mango aparafusado: 30€
O axuste completo inclúe: Hidratado do diapasón, altura da pestana (cejuela) e selletas, axuste do alma, octavación, altura de pastillas e cambio de cordas.
Cordas non incluídas.
Trastes
- Nivelado e recoronado dos trastes: 90€
- Reentrastado un diapasón de ébano, palorosa ou outras madeiras escuras: 195€
- Reentrastado un diapasón con binding: 230€
- Reentrastado un diapasón de arce respectando o verniz: 220€
- Reentrastado un diapasón de arce, incluído vernizado: 270€
- Reentrastado un diapasón tipo Gibson, respectando os “nibs”: 350€
- Cambio de radio no proceso de entrastado: +40€
- Axuste do ángulo do mango no proceso de entrastado (mangos colados): +120€
Trastes incluídos. As modificacións da pestana necesarias tras o traballo de trastes están incluídas no prezo, así coma os axustes de alma e altura de cordas. O axuste do ángulo do mango só o realizo durante o proceso de reentrastado.
Pestanas (cejuelas) e selletas:
- Pestana de óso: 48€
- Pestana de Tusq (Graph Tech): 60€
- Pestana de bronce: 80€
- Pestana para guitarra de 12 cordas: Suplemento de 25€ sobre os prezos anteriores.
- Pestana para outros instrumentos: Consultar orzamento.
- Selleta para acústica ou clásica: 20€
- Modificación destra-zurda da ponte dunha guitarra acústica: 180€
Electrónica:
- Apantallado do circuíto: 30€
- Cambio de pastillas: 30€
- Cambio de compoñentes: 10€ + 5€ por compoñente adicional.
- Recableado do circuíto: 35€
Pastillas, potenciómetros, condensadores e outros elementos non incluídos. Cables incluídos.
Ferraxes:
- Cambio de clavixeiro: 45€
- Cambio de ponte sen modificación do corpo: 45€
- Cambio de ponte con modificación do corpo: Consultar orzamento.
Pontes, clavixas e outros ferraxes non incluídos.
Verniz:
- Decapado do instrumento e preparación para vernizado: 90€
- Vernizado nitrocelulosa: 400€
- Vernizado nitrocelulosa sunburst: 480€
- Vernizado gomalaca “pulido francés”: 650€
- Retoques de verniz: O orzamento pode variar moito dependendo da área a vernizar e o tipo de verniz.
Estes prezos refírense a un instrumento completo, para vernizar unha parte do instrumento consultar orzamento. Para acabados ao aceite ou cera consultar orzamento.
Reparación de roturas ou partes despegadas:
- Colado de ponte despegada en guitarra clásica ou acústica: 70€
- Despegado + colado de ponte en guitarra clásica ou acústica: 105€
- Fabricación e colado dunha ponte nova a medida para guitarra clásica ou acústica: 195€
- Colado de tapas ou fondos parcialmente despegados: 50€
- Colado de fisura na zona da pala, que non se ve afectada pola tensión das cordas: 50€
- Colado de roturas na xunta entre pala e mango, vernizado incluído: 350€
Outros:
- Cambio de golpeador por un prefabricado: 20€ (golpeador non incluído)
- Cambio de golpeador por un personalizado: 70€ (material incluído)
- Substitución de cenefa ou binding no mango: 250€ (inclúe verniz)
- Substitución de cenefa ou binding no corpo: 450€ (vernizado a parte)
- Cambio de diapasón (entrastado incluído): 460€