Axustes

  • Axuste completo (alma, acción, octavación) en guitarra clásica ou acústica: 40€
  • Axuste completo (alma, acción, octavación) en guitarra eléctrica ou baixo: 45€
  • Axuste completo (alma, acción, octavación) en guitarra con Floyd Rose: 90€
  • Axuste de alma: 18€
  • Octavación: 18€
  • Acción das cordas: 18€
  • Axuste de alma nunha guitarra con Floyd Rose: 35€
  • Octavación nunha guitarra con Floyd Rose: 35€
  • Acción das cordas nunha guitarra con Floyd Rose: 35€
  • Axuste do ángulo do mango en guitarras de mango atornillado: 30€

O axuste completo inclúe: Hidratado do diapasón, altura da pestana (cejuela) e selletas, axuste do alma, octavación, altura de pastillas e cambio de cordas.

Cordas non incluidas.

Trastes

  • Nivelado e recoronado dos trastes: 85€
  • Reentrastado un diapasón de ébano, palorosa ou outras madeiras escuras: 180€
  • Reentrastado un diapasón con binding: 220€
  • Reentrastado un diapasón de arce respectando o verniz: 220€
  • Reentrastado un diapasón de arce, incluido vernizado: 250€
  • Reentrastado un diapasón tipo gibson, respectando os “nibs”: 350€
  • Cambio de radio no proceso de entrastado: +40€
  • Axuste do ángulo do mango no proceso de entrastado (mangos colados): +90€

Trastes incluídos. As modificacións da pestana necesarias tras o traballo de trastes están incluídas no prezo, así coma os axustes de alma e altura de cordas. O axuste do ángulo do mango só o realizo durante o proceso de reentrastado.

Pestanas (cejuelas) e selletas:

  • Pestana de óso: 45€
  • Pestana de Tusq (Graph Tech): 55€
  • Pestana de bronce: 60€
  • Pestana para guitarra de 12 cordas: Suplemento de 15€ sobre os prezos anteriores.
  • Pestana para outros instrumentos: Consultar orzamento.
  • Selleta para acústica ou clásica: 20€

Electrónica:

  • Apantallado do circuito: 30€
  • Cambio de pastillas: 25€ + 5€ por pastilla adicional
  • Cambio de compoñentes: 10€ + 5€ por compoñente adicional.
  • Recableado do circuito: 35€

Pastillas, potenciómetros, condensadores e outros elementos non incluidos. Cables incluidos.

Ferraxes:

  • Cambio de clavixeiro sen modificación da pala: 20€
  • Cambio de clavixeiro con modificación da pala: 45€
  • Cambio de ponte sen modificación do corpo: 25€
  • Cambio de ponte con modificación do corpo: Consultar orzamento.
  • Cromado de ferraxes: consultar orzamento.

Pontes, clavixas e outros ferraxes non incluidos.

Verniz:

  • Vernizado nitrocelulosa: 400€
  • Vernizado nitrocelulosa sunburst: 480€
  • Vernizado gomalaca “pulido francés”: 450€

Estes prezos refírense a un instrumento completo, para vernizar unha parte do instrumento consultar orzamento. Para acabados ao aceite ou cera consultar orzamento.

Reparación de roturas ou partes despegadas:

  • Colado de ponte despegada en guitarra clásica ou acústica: 70€
  • Despegado + colado de ponte en guitarra clásica ou acústica: 95€
  • Fabricación e colado dunha ponte nova a medida para guitarra clásica ou acústica: 180€
  • Colado de tapas ou fondos parcialmente despegados: 50€
  • Colado de fisura na zona da pala, que non se ve afectada pola tensión das cordas: 50€
  • Colado de roturas na xunta entre pala e mango, vernizado incluido: 380€

Outros:

  • Cambio de golpeador por un prefabricado: 10€ (golpeador non incluido)
  • Cambio de golpeador por un personalizado: 50€ (material incluido)
  • Substitución de cenefa ou binding no mango: 150€
  • Substitución de cenefa ou binding no corpo: 250€
  • Cambio de diapasón (entrastado incluido): 460€

Nota: O cambio de diapasón é unha obra complexa e que leva consigo moitas horas de traballo. Despegar o diapasón antigo non é tarefa facil e hai algúns diapasóns que ofrecen máis resistencia que outros. Ademáis pode requerir de tempo adicional realizando un novo acabado sobre o mango, o que supón un incremento no orzamento. Tamén hai que volver a entrastar e nivelar os novos trastes. O novo diapasón terá un tacto e unha resposta sonora diferente ao orixinal.


Para calqueira outro axuste ou reparación que non estén reflexados nesta lista de prezos, ponte en contacto conmigo a través do mail mdomatoluthier@gmail.com ou do teléfono 633098686.

Tódolos prezos inclúen o IVE.