A fin de semana pasada estiven na feira que organizou o Festival Internacional de Guitarra de Madrid. Ademáis desta feira de guitarra clásica artesana, esa fin de semana houbo unha masterclass a cargo de Rafael Aguirre e dúas conferencias levadas a cabo por David Russell e Cecilia Rodrigo.


Tanto o sábado coma o domingo tiven a oportunidade de ensinar as miñas guitarras a todos aqueles que puideron asistir. Presentei dúas guitarras clásicas construidas, coma sempre, de forma artesana que puideron tocar varios músicos e guitarristas españois e europeos.

Foi unha gran experiencia xa que se realizou unha proba de guitarras ante un público numeroso e puidéronse probar varios instrumentos de diferentes luthieres de toda España.

En definitiva, foi unha fin de semana moi interesante e moi enriquecedora e coma luthier, coñecer a outros profesionais da guitarrería e poder compartir vivencias e coñecementos, é sempre unha gran experiencia.

Estas guitarras están dispoñibles na tenda online e quen queira probalas en persoa só ten que vir polo meu taller.