SOBRE MIN

Son Marcos Domato, luthier guitarreiro. Dende o 2015 adícome á construción de guitarras clásicas no meu obradoiro de Vigo.

Formeime como luthier na Escola de Artes e Oficios desta mesma cidade co mestre Ramón Casal co que aprendín a traballar na fabricación dun instrumento acústico. Tamén tiven a sorte de poder formarme en Madrid cos guitarreiros Javier Castaño e José Salinas, que me axudaron a especializarme na construción da guitarra clásica

Asimesmo máis adiante puiden formarme en técnicas de vernizado, en acústica ou mesmo en deseño. Elementos chave para a construción dun instrumento musical.

Veño dunha familia na que sempre houbo artesáns coma carpinteiros e ferreiros, herdando non só algunhas ferramentas senón tamén a paixón polo traballo artesán.

Sempre trato de buscar a mellor arquitectura na guitarra clásica, empregando madeira de gran calidade coas mellores propiedades acústicas e estéticas, de cultivo sostible e responsable. Incidindo cada vez máis no uso de materiais de proximidade.

Tódalas miñas guitarras están feitas a man no meu taller, onde podo desenvolver uns instrumentos artesáns cunha gran resposta acústica e un tacto o máis cómodo posible que conviden a ser tocados e inspiren para facer música.

PRENSA:

Faro de Vigo: As guitarras clásicas máis sostibles soan a Vigo

https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2023/01/25/guitarras-clasicas-sostenibles-81889770.html

A Movida: Marcos Domato, artesán das seis cordas

https://amovida.gal/marcos-domato-artesan-das-seis-cordas

La Voz de Galicia: Una buena guitarra es cómoda

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2023/04/12/marcos-domato--lutier-buena-guitarra-comoda/0003_202304E12P48993.htm

Tarifas do obradoiro

Axustes

• Axuste básico (alma, acción, octavación) en guitarra clásica, acústica, eléctrica ou baixo: 68€

• Axuste básico (alma, acción, octavación) en guitarra con Floyd Rose: 125€

• Axuste de alma: 22€

• Octavación: 22€

• Acción das cordas: 22€

• Axuste de alma nunha guitarra con Floyd Rose: 38€

• Octavación nunha guitarra con Floyd Rose: 38€

• Acción das cordas nunha guitarra con Floyd Rose: 38€

• Axuste do ángulo do mango en guitarras de mango aparafusado: 32€

• Cambio de cordas: 10€

Cordas non incluídas.

Trastes

• Nivelado e recoroado dos trastes: 125€

• Reentrastado dun diapasón de ébano, palorosa ou outras madeiras escuras: 230€

• Reentrastado dun diapasón con binding: 290€

• Reentrastado dun diapasón de arce respectando o verniz: 220€

• Reentrastado dun diapasón de arce, incluído vernizado: 410€

• Reentrastado dun diapasón tipo Gibson, respectando os “nibs”: 450€

• Cambio de radio no proceso de reentrastado: +62€

• Axuste do ángulo do mango no proceso de reentrastado (mangos colados): +240€

Trastes incluídos. As modificacións da pestana necesarias tras o traballo de trastes están incluídas no prezo, así coma os axustes de alma e altura de cordas. Axustes incluídos

Pestanas (cejuelas) e selletas:

• Guitarra clásica, acústica, eléctrica ou baixo: 75€

• Guitarra de 12 cordas, bandurria, etc: 125€

• Ukelele, banjo, etc: 60€

• Mandolina, bouzouki, etc: 100€

• Selleta para guitarra clásica, acústica e outros instrumentos da mesma familia: 45€

Os prezos anteriores se corresponden a pestanas de óso ou ébano. Para unha pestana de latón o prezo increméntase en 25€. Non se fan selletas de materiais sintéticos.

Para outros instrumentos consultar orzamento.

Electrónica:

• Cambio de compoñentes e recableado do circuíto: 40€

• Instalación de transductor pasivo en clásica/acústica: 50€

• Instalación de transductor en clásica/acústica con previo interno: 60€

• Instalación de transductor en clásica/acústica con previo en aro: 120€

• Instalación de piezo de selleta pasivo en clásica/acústica: 75€

• Instalación de piezo de selleta en clásica/acústica con previo interno: 85€

• Instalación de piezo de selleta en clásica/acústica con previo en aro: 145€

Ferraxes:

• Cambio de clavixeiro sen necesidade de adaptacións para instalar as novas clavixas: 35€

• Cambio de clavixeiro con modificacións necesarias para adaptar as novas clavixas: 75€

• Cambio de ponte sen modificacións no corpo do instrumento: 25€

• Cambio de ponte con modificación do corpo do instrumento: Consultar orzamento.

Pontes, clavixas e outros ferraxes non incluídos.

Verniz:

• Vernizado nitrocelulosa mango: 330€

• Vernizado nitrocelulosa corpo: 625€

• Vernizado nitrocelulosa instrumento completo: 900€

• Vernizado nitrocelulosa sunburst instrumento completo: 950€

• Vernizado gomalaca “pulido francés” mango: 360€

• Vernizado gomalaca “pulido francés” corpo: 850€

• Vernizado gomalaca “pulido francés” instrumento completo: 1150€

• Limpeza a fondo do instrumento e pulido do verniz: 180€

• Retoques de verniz: Consultar orzamento. Este pode variar moito dependendo da área a vernizar e o tipo de verniz.

Tódolos prezos inclúen o decapado e preparación do instrumento para o verniz. Non fago vernizados en instrumentos decapados polo cliente. Non se realizan vernizados en cores brancas ou moi claras.

Reparación de roturas ou partes

• Colado de ponte despegada en guitarra clásica ou acústica: 70€

• Despegado + colado de ponte en guitarra clásica ou acústica: 175€

• Fabricación e colado dunha ponte nova a medida para guitarra clásica ou acústica: 255€

• Colado de tapas ou fondos parcialmente despegados: 50€

• Colado de fisura na zona da pala, que non se ve afectada pola tensión das cordas: 50€

• Colado de roturas na xunta entre pala e mango con reforzo, vernizado incluído: 470€

Outros:

• Cambio de golpeador por un prefabricado: 20€ (golpeador non incluído)

• Substitución de cenefa ou binding no mango: 120€ (vernizado non incluído)

• Substitución de cenefa ou binding no corpo: 350€ (vernizado non incluído)

• Cambio de diapasón: 460€ (vernizado non incluído)

• Cambio de tapa en guitarra clásica (inclúe perfilaría e diapasón novos): 930€ (vernizado non

incluído)

• Instalación de marcas de traste no lateral do mango: 55€

• Instalación de marcas de traste no diapasón: Consultar orzamento.

• Modificación destra-zurda da ponte dunha guitarra acústica: 280€

Guitarras feitas a man en Vigo

A elaboración dunha guitarra clásica é un proceso complexo e longo no que, combinando a metodoloxía tradicional xunto con métodos modernos, pódense conseguir resultados exclusivos e de gran calidade. Tódalas miñas guitarras están feitas a man no meu taller, onde dispoño dun espazo apropiado e as ferramentas necesarias para conseguir facer guitarras clásicas de alta gama.

Atendo todo tipo de consultas, como revisións, reparacións e axustes de guitarra clásica e outros instrumentos de corda, pero a miña principal especialidade é a fabricación de guitarras clásicas artesanais.

Sempre que vou elaborar unha nova guitarra opto polos mellores materiais, dende madeiras de gran calidade e procedencia sostible como as habituais en guitarra clásica como abeto, cedro, ébano, pau santo, pau ferro, etc, ata pezas e vernices de gran calidade cos que podo obter uns acabados perfectos.

O meu obxectivo principal ao igual que para calquera músico profesional, é a busca dunha gran sonoridade e comodidade á hora de tocar o instrumento.

Luthier en Vigo

É sabido que cada luthier ten a súa propia metodoloxía. Deste xeito, a miña forma de traballar ten como obxectivo a busca da perfección ata nos detalles máis pequenos. As guitarras clásicas artesanais requiren dun traballo moi minucioso e elaborado xa que cada detalle inflúe no acabado e na sonoridade final. Por este motivo cada material, como madeiras, trastes, clavixas e cejuelas, están seleccionadas en función do resultado final que quero conseguir nunha guitarra.

Ademais estes detalles ofrécennos oportunidades coas que aportar exclusividade e diferenciación a cada guitarra e, por tanto, satisfacer as necesidades e esixencias de cada guitarrista.

Como cada instrumento, a guitarra está composta de madeiras diferentes e existen diferentes xeitos e planos sobre os que construír. No meu taller baseándome en modelos clásicos, busco realizar o meu propio modelo de guitarra que trato de perfeccionar en cada construción.

Podes botar unha ollada á miña páxina web para consultar prezos e poder ver algunhas imaxes de modelos de guitarra clásica xa fabricados, así como algunhas fotos que se corresponden co proceso de construción.

"Se estás a buscar unha guitarra artesanal de máxima calidade que cumpra coas características que necesitas, convídoche a descubrir os meus últimos traballos nos que se pode atopar un gran equilibrio entre sonoridade e comodidade e poderás observar os detalles e a personalidade que caracterizan ás guitarras feitas a man."

Chámame se precisas máis información

Se tes algunha dúbida ou estás a buscar unha guitarra única e exclusiva podes poñerte en contacto comigo a través do meu número de teléfono 633 098 686 ou se o prefires podes escribirme un email ao correo taller@mdomatoluthier.com, indicándome detalladamente que é o que precisas ou que estás a buscar.

Se tes interese en ter unha guitarra artesanal realizada con materiais de gran calidade, podes visitar o meu taller que se atopa na avenida Gregorio Espino 58, en Vigo. Atendo con cita previa de 9:30 a 15:00 e algunhas tardes de 16:00 a 19:00